O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, presentou en rolda de prensa o novo agasallo institucional para autoridades sinaladas durante 2019 e 2020. Trátase dunha peza de Sargadelos realizada en exclusiva para o Concello de Ferrol. Representa o edificio da Peixería do Mercado Municipal, obra do grande arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro (arquitecto municipal entre 1909 e 1936) A peza pasará a estar á venta ao público no ano 2020.